Mondoñedo prepara as XV Xornadas do Peregrino Abrindo Camiño
A cidade de Mondoñedo acolle os sábado 18 e 25 de xuño e o domingo 26 a décimo quinta edición das Xornadas do Peregrino Abrindo Camiño.
Os actos comezarán o sábado 18 de xuño ás 19.00 horas no auditorio Pascual Veiga coa Xornada sobre a historia e o patrimonio en Mondoñedo e o seu estudo e posta en valor. Tamén haberá un concerto conmemorativo polos 25 anos da creacións da Escola de Música O Pallarego.
Continuarán o seguinte sábado no mesmo lugar e hora coa a Xornada sobre a emigración e a tradición da peregrinación xacobea en América. Contará cun intermedio musical a cargo de Iria Estévez-Dúo.
Rematarán o domingo 26 pola mañá coa romaría na área recreativa de A Fervenza de Viloalle. Comezará co roteiro Leiras Pulpeiro ás 10.30 horas, seguirá coa misa na capela de San Ramón da ferrería de Viloalle, un concerto de música a cargo da banda municipal de Guntín de Pallares, un xantar de confraternidade na área recreativa para a que será necesaria a previa inscrición e xa por último un torneo de chave por parellas.