Mondoñedo organiza unha formación sobre o coidado de persoas dependentes

AMariñaXa
O curso, de carácter gratuíto, celebrarase os días 17 e 18 de setembro no Pazo de Santomé en colaboración coa asociación Afalu
Imaxe-recurso-persoas-maiores
8 Sep 2025

O Concello de Mondoñedo, a través dos Servizos Sociais e en cooperación coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas de Lugo (Afalu), pon en marcha unha formación centrada no coidado de persoas dependentes.

A actividade desenvolverase no Pazo de Santomé os días 17 e 18 de setembro, a partir das 18:00 horas, cunha duración total de cinco horas. Trátase dunha iniciativa gratuíta e aberta ao público xeral que busca proporcionar ferramentas prácticas e coñecementos básicos a quen convive ou traballa con persoas en situación de dependencia.

O programa inclúe contidos como a atención integral á diversidade funcional, pautas de coidado e estimulación, o uso de produtos de apoio ou técnicas de intervención psicolóxica.

As persoas interesadas poden inscribirse a través dos Servizos Sociais do Concello de Mondoñedo ou no teléfono 982 524 003, extensión 8.

⚙ Configurar cookies
0.15777397155762