Mondoñedo mellora as infraestruturas eléctricas e telefónicas
O Concello de Mondoñedo avanza na mellora de infraestruturas que son esenciais para facer máis cómoda a vida dos veciños e facilitar as condicións en que opera o tecido industrial e comercial do municipio. Nesta liña, son fundamentais as infraestruturas eléctricas e telefónicas. A alcaldesa, Elena Candia, mantivo a primeira reunión, de coordinación, cos representantes das empresas que executarán as obras de mellora de subministro eléctrico e de adecuacións das instalación de telefonía.
Na reunión participaron representantes das empresas Arca Telecom e Telxius, ademais de Blanco Villa, que xunto con Telefónica acometerán as obras precisas para que os problemas nas citadas infraestruturas desaparezan ou diminúan
Todos informaron de que traballan na redacción dos proxectos e que a presentación dos mesmos será en breve, para iniciar canto antes a execución das obras. É unha iniciativa que esixe un importante investimento, necesario para cubrir unha necesidade real.
O Concello de Mondoñedo agradece ás empresas citadas o seu traballo e moi especialmente aos veciños das parroquias afectadas. Esta actuación é a primeira que se pon en marcha pero non será a ultima. O goberno de Mondoñedo tamén traballa para resolver problemas noutros ámbitos do municipio.