Mondoñedo honrará desde o venres a súa Señora dos Remedios
O municipio de Mondoñedo celebrará desde o venres 10 ao luns 13 de setembro a súa festa en honra a Nosa Señora dos Remedios.
Así, as festas darán comezo o venres 10 ás 20.30 horas coa VIII edición do Festival Mamá quero cantar no auditorio Pascula Veiga.
O sábado 11 comezarán as actividades ás 17.15 horas co espectáculo da Familia Trivilorio e continuará ás 20.30 horas coa música dos 6 Gaiteiros de Riotorto, ás 22.00 horas será a Gran Gala do Circo, maxia e humor na Alameda dos Remedios, e as 23.00 horas volverá a música co grupo Principal e despois con Superglú na praza do Concello.
O domingo 12 comezará a xornada coa misa de ofrenda á patroa ás 12.00 horas, e despois o concerto da Banda de Música de Meira, e xa pola tarde ás 18.00 horas será o espectáculo infantil Comica de Lingua de Raquel Queizás.
O último día, o luns 13, ás 12.30 horas volverá a misa de Cofrades no Santuario dos Remedios, e despois unha actuación musical do dúo Zafiro e ás 18.00 horas un espectáculo de Sue Moreno.