Mondoñedo formará parte de PALABRASound Camino os días 16 e 17 de maio

AMariñaXa
Mondoñedo forma parte de PALABRASound Camino, os días 16 e 17 de maio de 17.30 a 20.30 horas, unha inicitiva para achegarse á xuventude
musica radia escoitar
musica radia escoitar
8 Maio 2023

Mondoñedo formará parte de PALABRASound Camino, os días 16 e 17 de maio de 17.30 a 20.30 horas, unha iniciativa cuxo obxectivo é achegarse aos mozos de entre 15 e 25 anos que habitan nas localidades que forman parte do Camiño de Santiago.

O proxecto busca unha maior implicación dos mozos que viven nesta contorna e participan das dinámicas culturais e artísticas, pero tamén sociais e económicas, do roteiro xacobeo.

Mediante a palabra, en forma de relato, narración, poesía, letra de rap, spoken word etc., e a música, expresada a través de ritmos de rap ou outros estilos contemporáneos, sons tradicionais e folclore, paisaxes sonoras e a experimentación baseada na fusión de estilos ou sons, elementos vertebradores do proxecto, os mozos poden expresar as súas emocións e desenvolver a súa creatividade.

O proxecto estrutúrase en distintas fases. A primeira delas, Quentando Motores, consiste en realizar un relato colectivo mediante varios talleres que xeran un arquivo sonoro co que se crea unha canción conxunta. Na segunda fase os mozos participan nun concurso coa súa propia composición musical.

Información detallada de Calentando Motores e os formularios de inscrición para participar poden descargarse aquí.

palabras no camino mondonedo 2023
0.16624712944031