Mondoñedo fai público o programa litúrxico de Semana Santa
Este ano, os actos litúrxicos previstos no programa da Semana Santa de Mondoñedo serán na Catedral e tendo en conta os aforos, as medidas de protección e as limitacións impostas pola covid-19.
Xa está listo o programa destes actos. Así, o domingo de Ramos será a entrada de Jesús en Xerusalén e a misa ás once e media da mañá. O martes santo, ás once da mañá, está prevista a Misa Crismal, presidida polo arcebispo emérito de Tánxer, Santiago Agrelo.
O xoves será a celebración da Cea do Señor, ás 17.00 horas, presidida polo administrador diocesano, Antonio Valín. O venres, tamén ás cinco da tarde, celebrarase a Paixón do Señor.
E o sábado, ás oito da tarde, será a quenda da vixilia pascual. Os actos terá o seu final na Misa de Gloria, ás doce da mañá, o domingo de Resurrección.
Como xa se avanzara anteriormente, este ano non haberá procesións debido á pandemia.