Mondoñedo elixe as mellores imaxes da vila para ilustrar o seu calendario

AMariñaXa
O Concello de Mondoñedo, a través da Concellería de Cultura, convoca o IX Concurso de Fotografía “O Mellor Recuncho de Mondoñedo”
Concurso-Fotografía_mellor_recuncho_de_mondoñedo
9 Out 2024

O Concello de Mondoñedo, a través da Concellería de Cultura, convoca o IX Concurso de Fotografía O Mellor Recuncho de Mondoñedo baixo o lema Elixe o lugar de Mondoñedo que máis che gusta que ten por finalidade a elaboración dun calendario para o vindeiro ano 2025 coas mellores fotografías de recunchos da localidade. O presente está destinado á elección de trece fotografías, unha para cada mes do ano, que ilustrarán o calendario municipal do ano 2025, máis unha para a portada do mesmo.

De entre todas as imaxes elixiranse ás tres mellores outorgándolles premio individual tal como se relata no punto correspondente. A proposta está aberta a todas as persoas físicas que desexen participar agás aquelas vencelladas de forma directa co Concello de Mondoñedo, así como a familiares de 1o e 2o grao ascendentes e descendentes das persoas que integren o xurado así como as súas respectivas parellas.

Cada participante poderá presentar só unha foto ao concurso ata o 30 de novembro As fotos presentaranse en soporte dixital no seguinte enderezo de correo electrónico: recunchosdemondonedo@gmail.com e deberase indicar no asunto “Concurso Fotografía 2024”. No corpo do correo incluirase o nome do participante e un número de teléfono de contacto. As imaxes non poderán levar marcas de auga de ningún tipo, nomes sobrepostos, marcas derivadas dos teléfonos móbiles, marcas en xeral, comentarios ou similares que puidesen permitir a identificación a autoría da imaxe. En caso de que isto suceda a imaxe non entrará en concurso quedando eliminada.

0.068042993545532