Mondoñedo convoca o XXI Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Mondoñedo co patrocinio da Área de Cultura daDeputación Provincial de Lugo, convoca o XXI Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores.
23 Mar 2020

O Concello de Mondoñedo co patrocinio da Área de Cultura daDeputación Provincial de Lugo, convoca o XXI Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores.

Poderán optar ao premio todas as persoas, de idade non superior a trinta anos con poemas orixinais e inéditos, escritos en galego e non premiados noutros concursos.

As composicións terán unha extensiónmáxima de 150 versos, o tema e o metro queda a elección do autor. Os orixinais non poderán ir asinados e deberán ser presentados nun sobre aparte e cerrado.

O prazo de admisión de orixinais rematao día 15 de setembro de 2020 e deberán enviarse a ao Concello de Mondoñedo coa indicación XXI Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores.

O xurado estará composto por tres persoas e fará a entrega do premio nun acto público organizado no mes de decembro.

Este concurso consta de tres premios, o primeiro de 1.500 euros, placa e diploma, un segundo de 600 euros, placa e diploma, e un terceiro de 300 euros, placa e diploma.

Os premiados será invitados,expresamente, ao seguinte recital de Mondoñedoé Poesía que se celebra na cidade cada 1 de maio.

0.10417985916138