Mondoñedo convoca a sétima edición do concurso de decoración de Nadal

AMariñaXa
O Concello anima á veciñanza e aos negocios a participar nun certame con dúas modalidades e premios de ata 200 euros
Mondonedo-decoracion-Nadal-2021-(2)
23 Nov 2025

O Concello de Mondoñedo vén de anunciar a posta en marcha da sétima edición do concurso de decoración de Nadal, unha iniciativa coa que busca dinamizar o municipio durante as festas e recoñecer o esforzo creativo da cidadanía.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse na Oficina de Turismo antes do 5 de decembro. O certame inclúe dúas modalidades: individual e colectiva, co obxectivo de fomentar tanto a implicación particular como a colaboración entre veciños e entidades sociais.

Na categoría individual, o xurado premiará os mellores adornos en fachadas, balcóns, xardíns ou portais, cun galardón de 100 euros. A mesma contía estará destinada a recoñecer a mellor decoración realizada por comercios, bares ou establecementos hostaleiros.

Pola súa banda, a modalidade colectiva está dirixida a grupos de residentes e asociacións. Neste caso, a recompensa económica ascende a 200 euros e dividirase en dous apartados: por un lado, distinguirase a mellor decoración realizada en rúas ou prazas da zona urbana, e por outro, recoñeceranse as propostas máis destacadas das parroquias ou barrios do ámbito rural.

O Concello anima a toda a veciñanza a sumarse a este concurso, que cada ano contribúe a crear un ambiente festivo, atraer visitantes e poñer en valor a creatividade local.

montaxe-arbore-nadal-mondonedo-2022
⚙ Configurar cookies
0.074051856994629