Mondoñedo conta cun variado calendario cultural para este mes

AMariñaXa
Mondoñedo conta cun variado calendario cultural para este mes, así, haberá actividades moi variadas e para todos os públicos.
106095098_280707563361438_3224785442616186895_n
16 Nov 2020

O Concello de Mondoñedo vén de comunicar o seu calendario cultural para este mes de novembro, así, haberá actividades moi variadas e para todos os públicos.

O mércores 18 será a presentación do libro de receitas de faba verdina ás 19 horas no salón de actos da casa do Concello e os días 19, 20 e 21 poderase desfrutar das IV Jornadas de urbanismo histórico que serás os tres días ás 19.30 horas online.

Os seguintes días, 20, 21 e 22 será a fin de semana verdina con tapeo polos negocios da hostalaería local con diversar formas de preparación da faba.

O 22 no auditorio Pascual Veiga ás 20.00 horas será a obra Polo Camiño. Contos da Feira. E o día 26 no Casino ás 19.00 horas será a presentación do libro Árbores que non arden.

Xa por último, o día 29 Os Bolechas visitarán o auditorio Pascual Veiga coa súa obra Porta dos Camiños ás 12.00 horas.

0.15057802200317