Mondoñedo conmemora o 17 de maio cun concerto con poemas de García Lorca en galego
A área de Cultura do Concello de Mondoñedo conmemora as Letras Galegas cun concerto homenaxe a García Lorca con poemas en galego. A cita terá lugar este venres, 17 de maio, no auditorio municipal Pascual Veiga a partir das 20.30 horas. Na presentación participaron o impulsor deste proxecto, Rafa Fernández, e o concelleiro de Cultura, Alberto García.
Seis foron os poemas que Ferderico García Lorca fixo en Galego, e SEIS é o nome deste proxecto que pretende homenaxear este fito da literatura en Galicia; que o mellor poeta contemporáneo e un dos mais grande poetas da lingua castelá de todos os tempos, escollese o idioma galego para facer a única incursión poética nunha lingua allea, nun tempo no que o galego provocaba indiferenza no mellor dos casos.
É un proxecto audiovisual onde ,música en directo composta para a ocasión de carácter ambiental con guitarra eléctrica e vídeo creación en vivo, crearán una atmosfera onírica e suxerinte mentres a obra de Lorca é recitada. De este xeito música e imaxe acompañarán a palabra do poeta, ofrecendo ó espectador un achegamento diferente a esta xoia da literatura.
A autoría deste proxecto recae no músico Rafa Fernández, que xa ten experiencia neste tipo de proxectos no que se utiliza o audiovisual como marco para a obra de figuras do eido cultural galego, como foron Álvaro Cunqueiro en Música para mil primaveras ou o fotógrafo galego José Suárez en José Suárez, suite para unha vida.