Mondoñedo celebrará un tradicional magosto na praza do Concello

AMariñaXa
O 6 de novembro Mondoñedo celebrará un tradicional magosto na praza do Concello. Este popular evento comezará ás 19.00 horas
magosto mondonedo 2021 1
25 Out 2021

O 6 de novembro Mondoñedo celebrará un tradicional magosto na praza do Concello. Este popular evento comezará ás 19.00 horas con pasarrúas de Samaín acompañados da AC Foles, e xa ás 20.00 horas será o magosto.

Durante a tradicional degustación haberá acompañamento musical de AC Foles, Souto Xímaro e Os Carricantos, ademais haberá viño e chocolate para acompañar o manxar de outono.

magosto mondonedo 2021
0.089677095413208