Mondoñedo celebrará a I Feira de Abril a vindeira fin de semana
AMariñaXa
Os diferentes locais de hostalaría do Concello de Mondoñedo organizan pra a vindeira fin de semana do 18 e 19 de xuño a I Feira de Abril.

11 Jun 2022
Os diferentes locais de hostalaría do Concello de Mondoñedo organizan pra a vindeira fin de semana do 18 e 19 de xuño a I Feira de Abril.
Nela poderase desfrutar desta andaluza festa como si se estivera en Sevilla xa que contará con ambientación musical, baile e moita diversión.
A feira remóntase ao 25 de agosto de 1846 e celébrase durante unha semana no mes de abril, que cambia en función da data da Semana Santa. É unha festa que reivindica os costumes e cultura andaluces e que se celebra en varias cidades fora de Andalucía.