Mondoñedo celebra a Rapa das Bestas de Campo do Oso

TerraChaXa | AMariñaXa
A organización volverá a traer a cita que chega a súa 45 convocatoria
Rapa-das-Bestas-de-Campo-do-Oso-2022-1
29 Xuño 2024

A organización da Rapa das Bestas de Campo do Oso volve a traer unha cita máis que consolidada. Na estrada de Mondoñedo á Pastoriza, na parroquia de San María Maio, volve a celebrarse este domingo a tradicional Rapa das Bestas que será este domingo 30 de xuño. A 45 edición comeza ás 10.30 horas coa saída dos xinetes para logo organizar a baixada  dos animais.

Xa ás 12.15 horas terá lugar a rapa e marcado dos animais, que dará paso á sesión vermú a partir das 14.00 horas. Os asistentes poderán gozar do xantar ás 15.00 e tamén da degustación de carne de poldro de balde e baile pola tarde amenizada por Verónica Cambón.

Esta tradicional festa é a que abre o calendario deste tipo de celebracións, xa que faise tradicionalmente o último domingo de xuño. Como en edicións anteriores, cada un dos xinetes será responsable dos danos que poida ocasionar el ou o seu exemplar.

0.13292407989502