Mondoñedo apoia a creación dun colectivo hortifrutícola local

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
No salón de plenos da casa consistorial de Mondoñedo foi presentada a nova liña de produtos da empresa Mariña Bienes y Servicios, acollidos á marca de garantía Horta de Mondoñedo.
72782891_2363846420598696_8716691815777959936_o
5 Out 2019

No salón de plenos da casa consistorial de Mondoñedo foi presentada a nova liña de produtos da empresa Mariña Bienes y Servicios, acollidos á marca de garantía Horta de Mondoñedo. O representante da empresa, Jorge Losada, estivo acompañado pola alcaldesa, Elena Candia, e pola coordinadora da marca de calidade Horta de Mondoñedo, Zoila Gulín. O seguinte paso é o impulso á creación da asociación de produtores de conservas de hortalizas mindoniense.

Mariña, Bienes y Servicios inicia a distribución de derivados do tomate, como son tomate frito, marmelada de tomate e tomate natural triturado, baixo a marca Hortas de Galicia, acollida á Horta de Mondoñedo. Por esta vía, a empresa dará saída ás pezas do tomate que produce que, pola súa morfoloxía, non son comerciais. Está previsto que a distribución da primeira remesa se inicie de inmediato. A firma mindoniense fará promoción dos seus produtos en grandes superficies comerciais.

A alcaldesa, Elena Candia, destacou o apoio prestado polo Concello para a creación da marca de calidade e na difusión dos produtos acollidos a ela. Asegurou que o Concello seguirá a respaldar este tipo de iniciativas e espera que a transformación do produto supoña creación de emprego. Candia recordou: «En novembro de 2018 presentouse na Consellería o texto para regular o uso da marca Horta de Mondoñedo, que foi informado favorablemente o 4 de febreiro. En 2018 e 2019, deseñouse o logotipo, contribuímos á impresión das etiquetas, regalamos bolsas de papel co logo para promocionar a marca e difundimos vídeos a través das redes e na televisión autonómica. Seguindo esta liña, presentamos un produto que conserva o valor engadido do noso tomate, que permite que se deguste fóra de tempada». 

Elena Candia explicou: «O seguinte paso é o impulso á creación da asociación de produtores de conservas de hortalizas de Mondoñedo; os estatutos xa están rexistrados. Unha vez constituída legalmente, impulsaremos proxectos como fixemos con Faba Verdina. Apostar pola nosa horta é unha aposta segura porque é apostar pola importante calidade dos produtos».

0.12618088722229