Mondoñedo acometerá a reparación da Ponte do Arco en Masma para preservar o seu valor histórico

AMariñaXa
O Concello investirá máis de 48.000 euros, achegados pola Xunta a través de AGADER, para restaurar o piar deteriorado e garantir a seguridade da estrutura
Ponte-do-Arco---Mondonedo-2025
15 Oct 2025

O Concello de Mondoñedo vén de adxudicar as obras de reparación do piar da Ponte do Arco, situada na parroquia de Masma, cun orzamento que supera os 48.000 euros (48.393,95  euros). O proxecto será financiado pola Xunta de Galicia a través dun convenio coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), que concedeu unha subvención directa destinada a poñer en valor o patrimonio histórico da comarca.

A Ponte do Arco é unha construción de gran relevancia patrimonial e simbólica para o municipio, mais o seu piar principal presenta un notable deterioro estrutural, o que podería comprometer a estabilidade do conxunto e supón un risco para o tránsito. Dende o goberno local sinalan que “é fundamental actuar con urxencia para evitar danos maiores nunha edificación que representa unha parte importante da nosa historia e da nosa identidade cultural”.

As obras inclúen unha fase previa de canalización do río, co fin de protexer o curso da auga e evitar afeccións ambientais durante os traballos. Unha vez garantida esta parte, intervirase directamente sobre o piar da ponte. O plan contempla a restauración manual da cachotería e do corpo do piar, empregando pedra natural e materiais

⚙ Configurar cookies
0.062281847000122