Mondoñedo acollerá unha exhibición e tecnificación de patinaxe a cargo do patinador Lucas Yáñez
Mondoñedo acollerá unha exhibición e tecnificación de patinaxe a cargo do patinador Lucas Yáñez, bicampeón do mundo e o alumnado das escolas de patinaxe de Mondoñedo.
Esta cita será no polideportivo municipal de Mondoñedo o vindeiro sábado 2 de decembro a las 11.00 horas.
No mes de xuño proclamouse subcampión da Copa do Mundo en Arxentina e estivo moi agradecido á veciñanza de Mondoñedo por que gracias a eles puido viaxar a este campionato.
Yáñez necesitaba 4.000 euros para viaxar á competición de Arxentina e iniciou unha campaña de mecenado en Internet. Amigos do seu pai afincados en Mondoñedo sumáronse a esta iniciativa e en poucas horas recadaron 1.600 euros. A noticia tivo unha gran repercusión e en apenas uns días, superaron os 4.000 euros que precisaba.