Mondoñedo acollerá un curso sobre Convivencia e prevención de ataques de lobo
O salón de actos da casa da Xuventude de Mondoñedo acollerá un curso de formación sobre Convivencia e prevención de ataques de lobo á gandería.
Este curso estará impartido por Rebinxe e servirá para coñecer mellor a especie e será os días 26, 27 e 28 de outubro no salón de actos da casa da Xuventude.
Para participar é necesaria a inscrición chamando ao 982 828 533 ou mandando un email a oac.seca.mondonedo@xunta.gal.
Dende Rebinxe, co proxecto de investigación sobre o lobo O da la miúda, levan a cabo traballos de seguimento dos grupos e individuos no norte da provincia de Lugo co obxectivo final de obter datos científicos, obxectivos e actualizados da situación da especie na zona que permitan tomar as medidas de prevención máis axeitadas para cada área en particular, buscando reducir ao mínimo os danos que poidan ocasionar á gandería.