Mondoñedo acollerá o 2 de outubro unha xornada de formación sobre ecosistemas fluviais para mestres
O vindeiro mércores, 2 de outubro, celebrarase no IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo unha xornada de formación organizada polo Proxecto Ríos, iniciativa da asociación ecoloxista ADEGA. Esta actividade, dirixida ao profesorado, busca dotar aos docentes de ferramentas para levar a cabo co seu alumnado actividades prácticas de coñecemento e conservación dos ríos e os seus ecosistemas.
O curso, que terá lugar en horario de tarde entre as 16.30 e as 20.00 horas, incluirá unha charla introdutoria sobre o Proxecto Ríos e unha saída ao rego de Valiñadares para realizar unha inspección da calidade ecolóxica do río mediante a recollida e identificación de macroinvertebrados. A participación é de balde, pero é necesario inscribirse previamente a través dun formulario en liña.
O Proxecto Ríos, financiado por Augas de Galicia, ten como obxectivo sensibilizar á sociedade sobre a importancia dos ecosistemas fluviais e fomentar accións de conservación e mellora dos ríos mediante o voluntariado ambiental.
Para máis información, pódese consultar o sitio seguinte web ou contactar coa organización a través de adegamarinha@adega.gal.