Mondoñedo acollerá a X Xuntanza dos Cantos de Taberna

AMariñaXa
Mondoñedo acollerá o 10 de setembro a décima xuntanza dos Cantos de Taberna no que participan unha ducia de locais de hostalaría
21 X Xuntanza cantos de taberna Mondonedo 2022
21 X Xuntanza cantos de taberna Mondonedo 2022
31 Ago 2022

Mondoñedo acollerá o 10 de setembro a décima xuntanza dos Cantos de Taberna no que participan unha ducia de locais de hostalaría do municipio.

Así, ás 20.00 horas haberá una xuntanza dos grupos participantes nos Cantos de Taberna e despois un concerto do grupo galego Treixadura. Acto seguido os asistentes poderán desfrutar da foliada aberta.

O grupo Treixadura actuará na praza da Catedral ás 22.30 horas da man do Xacobeo e nun concerto englobado no das festas patronais.

Para participar será necesario inscribirse chamando ao 605 582 624.

X Xuntanza cantos de taberna Mondonedo 2022
0.13359093666077