Mondoñedo acollerá a presentación do libro 'Un sollozo del fin del mundo' do Grupo Literario Leiras Pulpeiro
O salón de plenos da Casa Consistorial de Mondoñedo acollerá este mércores, 23 de agosto, ás 13.00 horas, a presentación do libro Un sollozo del fin del mundo, na que participará o propio autor, o profesor e escritor madrileño Matías Escalera, e outros membros do Grupo Literario Leiras Pulpeiro. Un acto que será aberto ao público en xeral e no que tamén estarán presentes representantes municipais e amigos do autor.
Previamente, ás 12.00 horas, o grupo literario Leiras Pulpeiro organiza unha visita guiada ao novo centro de interpretación da Fábrica Electricista Mindoniense, situada na Área Recreativa da Fervenza.
A continuación, realizarase unha visita as Campas do poeta Manuel Leiras Pulpeiro e do alcalde republicano Cándido Carreiras no Cemiterio Vello, xunto ao autor do libro, que tamén é mebro deste colectivo cultural.
Con posterioridade á presentación do libro, o grupo Leiras Pulpeiro manterá unha reunión interna na Taberna Galiana da Casa Museo Álvaro Cunqueiro, na Praza da Catedral.