Mondoñedo acolle unha xornada sobre a dixitalización dos negocios no rural
APE Galicia, a asociación de autónomos e pequenas empresas de Galicia, organiza a xornada A dixitalización dos negocios no rural o vindeiro 25 de outubro en Mondoñedo. A conferencia terá lugar no Pazo Santomé, no antigo centro comarcal, de 20.00 a 21.30 horas.
Na xornada, organizada en colaboración co IGAPE e da man do Concello de Mondoñedo e da Asociación GDR1 Terras de Miranda, facilitaranse as chaves para a dixitalización dos negocios e unha guía das axudas dispoñibles na actualidade.
Abordaranse as ferramentas para a dixitalización dos negocios, a oportunidades dos avances tecnolóxicos para os negocios, os apoios da Xunta e as necesidades e posibilidades da dixitalización nos negocios no rural.
Ao final do evento, haberá unha rolda de preguntas para que as persoas asistentes poidan resolver as súas dúbidas con respecto aos temas tratados. Os interesados deben confirmar a súa asistencia a través do teléfono 986 891 657 ou na web.