Mondoñedo acolle unha conferencia sobre alpinismo e montaña
AMariñaXa
O Concello de Mondoñedo acolle o vindeiro 26 de maio unha conferencia sobre alpinismo e montaña impartido por Antonio Ulloa Reinoso
9 Maio 2022
O Concello de Mondoñedo acolle o vindeiro 26 de maio unha conferencia sobre alpinismo e montaña impartido por Antonio Ulloa Reinoso de Ulloa de Salvamento.
A charla Caminando por la naturaleza: del senderismo al alpinismo en alta montaña, será no auditorio Pascual Veiga ás 19.30 horas e contará con entrada de balde ata completar o aforo.
Trataranse as diferenzas en canto a riscos, dificultades, preparación física e técnica, equipamento e mateiral auxiliar, e Ulloa Reinoso ensinará máis de 500 fotografías de viaxes e ascensións en Galicia, resto de España, Europa, Canadá, Islandia, Sudamérica e África.
Para máis información pódese consultar a web www.ulloadesalvamento.com.