Mondoñedo acolle un escape room de Álvaro Cunqueiro

AMariñaXa
Un escenario cheo de enigmas inspirados nas obras do gran autor mindoniense e no seu municipio natal
xoldra-mondonedo
30 Dec 2024

A Asociación Xuvenil Xoldra de Mondoñedo presenta o escape room de Álvaro Cunqueiro baixo o título 'Escapa se podes'. A Casa Museo Álvaro Cunqueiro converterase o próximo domingo 5 de xaneiro nun escenario cheo de enigmas inspirados nas obras do gran autor mindoniense e na seu municipio natal. A actividade ofrecerá unha experiencia única para quen queira mergullarse no universo literario de Cunqueiro ao mesmo tempo que pon a proba a súa capacidade para resolver retos.

Os participantes deberán formar equipos de 3 a 6 persoas e inscribirse previamente enviando un DM ou un correo electrónico a xuvenilxoldra@gmail.com. A entrada é gratuíta e o evento comezará a partir das 16.00 horas. Ao remate, o grupo máis veloz recibirá un premio en recoñecemento á súa habilidade e rapidez.

Se es amante da literatura e os desafíos, non perdas esta oportunidade de explorar a obra de Álvaro Cunqueiro dun xeito diferente e divertido.

0.16395783424377