Mondoñedo acolle a XXXIV Concentración Mototurística os días 22 e 23 de marzo

AMariñaXa
O evento contará con música, desfiles, sorteos e moitas actividades para os amantes das motos e do motor
XXIV-Concentración-Mototuristica-mondonedo-2025
12 Mar 2025

Mondoñedo prepara para os días 22 e 23 de marzo a XXXIV edición da súa tradicional Concentración Mototurística, un evento que atraerá a centos de moteiros de toda Galicia. Durante estes dous días, os participantes poderán gozar dunha variada programación que inclúe actividades para todos os gustos, como música en directo, desfiles, sorteos e moito máis.

A apertura do evento terá lugar ás 12:00 h do sábado 22 de marzo coa apertura de inscricións. A partir das 13:00 h, terá lugar unha sesión vermú animada polo DJ Puzzle, que continuará ata as 16:00 h coas súas dinámicas de música, xogos e sorteos. A partir das 20:00 h, os asistentes poderán disfrutar dun desfile polas rúas de Mondoñedo, antes de asistir á cea na Finca San Antonio a partir das 21:15 h, que contará tamén coa entrega de trofeos e a queima popular. A xornada rematará coa actuación da orquestra Fuego.

O domingo 23 de marzo, a partir das 10:00 h, os participantes poderán tomar un delicioso almorzo para comezar o día. Ás 11:00 h, os moteiros gozarán dunha ruta libre polas estradas, coas que poderán gozar dos fermosos paisaxes galegos mentres realizan algúns encontros sorpresa. O evento finalizará ás 14:00 h cunha comida de despedida na Finca San Antonio, no Salón Comedor.

A entrada para a Concentración Mototurística de Mondoñedo ten un prezo de 30 euros para media e 40 euros para a entrada completa. Este evento, que se celebrará baixo carpa na zona de acampada do Pabellón Polideportivo, promete ser unha cita ineludible para os amantes do motociclismo e do ambiente festivo.

⚙ Configurar cookies
0.1332380771637