Mondoñedo acolle a VIII Reunión de Outono da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes

AMariñaXa
A VIII Reunión de Outono da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, que se celebrará o 16 e 17 de outubro no Pazo de Santomé, en Mondoñedo, analizará a contribución da gandeiría cabalar á conservación do medio natural, a través da experiencia de gandeiras e gandeiros do interior da Mariña Lucense e de persoal técnico e investigador, deténdose na situación e perspectivas do cabalo de pura raza galega, a relación da gandeira cabalar con predadores, a experiencia de comunidades de montes veciñais no manexo desta gandeiría ou iniciativas de promoción como a da Feira do Poldro de Muras.
reunion pastos e forraxes
15 Out 2023

A VIII Reunión de Outono da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, que se celebrará o 16 e 17 de outubro no Pazo de Santomé, en Mondoñedo, analizará a contribución da gandeiría cabalar á conservación do medio natural, a través da experiencia de gandeiras e gandeiros do interior da Mariña Lucense e de persoal técnico e investigador, deténdose na situación e perspectivas do cabalo de pura raza galega, a relación da gandeira cabalar con predadores, a experiencia de comunidades de montes veciñais no manexo desta gandeiría ou iniciativas de promoción como a da Feira do Poldro de Muras.

O deputado de Medio Rural da Deputación de Lugo, que colabora no desenvolvemento desta edición, Daniel García, valorou a “a oportunidade de formación e intercambio de coñecementos entre gandeiros e gandeiras que supón este encontro da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, que incide nun aspecto que consideramos fundamental como é a contribucion da gandeiría á conservación do medio natural e polo tanto do territorio e das paisaxes” e destacou a planificación da xornada nos días previos ás San Lucas,  que coa súa tradición secular dan testemuña da importancia económica, social e cultural que a gandeiría cabalar ten nos concellos interiores da Mariña”.

Programa do luns

  • 9.30 horas. Recepción de asistentes e entrega de documentación.
  • 10.00 horas. Inauguración da VIII Reunión de Outono da SGPF.
  • 10.30 horas. Patoloxías máis comúns do gando cabalar en Galicia e medidas de prevención. Herminio Pose Nieto. Veterinario (SERVETEQ).
  • 11.00 horas. Situación actual e perspectivas de futuro do cabalo de pura raza galega. Isabel Casariego Vierna (Técnica de PURAGA).
  • 11.30 horas. Debate sobre os temas tratados.
  • 12.00 horas. Pausa para café.
  • 12.30 horas. As bestas e o seu manexo na Gandería “XAN das BOUZAS”. Alba Recalde López (Gandeira) Curros-Mondoñedo.
  • 12.50 horas. As bestas: o gando pioneiro na recuperación de terras con dificultades especiais. Alejandro Salvatierra Fernández (Gandeiro) Neipín- A Pontenova.
  • 13.10 horas. Experiencias con gando equino no control efectivo da matogueira. Santiago Crecente Campo (Investigador CIAM-AGACAL).
  • 13.30 horas. Debate sobre os temas tratados.
  • 14.00 horas. Xantar e intercambio de impresións (Catering “Chao da Brea”).
  • 16.15 horas. Saída para a visita guiada á granxa de cabalo do monte de SAMORDÁS (Galgao-Abadín) Guiada por María Rivas Seivane e Cristina Ares Rivas
    (Gandeiras).

Programa do martes

  • 10,30 horas. O manexo colectivo do cabalar no MVMC “Buio e Lerín” de Boimente (Viveiro). Antonio Yáñez Rúa (Presidente da Comunidade de Boimente).
  • 10.50 horas. “A FEIRA DO POLDRO” e a importancia do gando cabalar no Concello de Muras. Manuel Requeijo Arnejo (Alcalde de Muras).
  • 11.10 horas. A xestión multifuncional e diversicada produción forestal no MVMC de Carballo (Friol). Xosé Manuel Iglesias Espiño (Asesor e Técnico Forestal CMVMC de Carballo).
  • 11.30 horas. Debate sobre os temas tratados
  • 12.00 horas. Pausa para café.
  • 12.30 horas. Lobo, Cabalos e Monte, estado da cuestión. José Vicente López Bao (Investigador do CSIC en Asturias)
  • 13.00 horas. A influencia dos predadores para a conservación do gando cabalar na Comunidade de Montes de Frexulfe (Valadouro). Esteban Prieto Ferreiro (Presidente do MVMC de Frexulfe).
  • 13.20 horas. Debate sobre os temas tratados.
  • 13.45 horas. Clausura da VIII Reunión de Outono da SGPF. 14:00 Xantar e cambio de impresións (Catering Chao da Brea).
  • 16.00 horas. Saída para visitar a concentración e inicio da baixada da “grea” de “Xan das Bouzas” dende o Alto do Fiouco, contemplar a entrada na praza da Catedral e rúas de Mondoñedo das diferentes greas que baixan á cidade. “Grea” (Manada ou grupo de cabalos do monte).
cartel reunion pastos e forraxes
0.20362687110901