Mondoñedo acolle a terceira edición do Merlín Fest
O Concello de Mondoñedo acollerá a terceira edición do Merlín Fest que volve contar cunha programación cultural e de lecer para todos os gustos.
Esta cita arrincará este sábado 9 ás 23.00 horas con Dani Royo e a súa banda: Tributo a Antonio Flores na praza do Concello, e continuará o sábado 16 ás 23.00 horas con Toxo Guayaba na praza de San Xoán.
O seguinte sábado poderase desfrutar, tamén ás 23.00 horas, de Fransy, Davide e Cibrán na praza da Catedral. E o domingo 24 na praza Muíños de Arriba será a actuación do Dúo Zafiro ás 14.00 horas e pola noite, ás 22.30 horas, será a quenda de Alex Barreira & Belén Ramos.
Para rematar xullo, Miss Lane anda The Kryptonias deleitarán ao público no cruce das rúas Bispo Sarmiento e A. Baamonde ás 23.00 horas.
Durante o mes de agosto, ao Merlín Fest volverán Alex Barreira & Belén Ramos o venres 5 á Fonte Vella e Tina & Joe á praza do Concello, ambos ás 23.00 horas