Mitma licita as obras de reforzo do peche dun tramo da autovía A-8

AMariñaXa
Mitma licita as obras de reforzo do cerramento cinexético dun tramo da autovía A-8 na provincia de Lugo entre Barreiros e Ribadeo
A8 peche cinexetico
2 Ago 2022

A actuación, entre os quilómetros 505,500 e o 521, que conta cun orzamento de 265.152,14 euros e reducirá a sinistralidade pola invasión de fauna nas calzadas da autovía.

O Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana (Mitma) licitou o contrato de obras de reforzo do cerramento da autovía A-8 entre os quilómetros 505,500 e 521, na provincia de Lugo. O orzamento estimado das obras ascende a 265.152,14 euros (IVE incluído).

Dita actuación forma parte do capítulo “protección da fauna ante a súa incursión na estrada”, do Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia, que conta con 357 millóns de euros dos Fondos Next Generation-UE para potenciar a protección da fauna e os usuarios vulnerables e para adaptar os túneles á normativa europea.

O obxecto do proxecto responde á necesidade de realizar un reforzo no cerramento da autovía A-8, dada a sinistralidade rexistrada por invasión
de fauna nas calzadas da autovía.

Os traballos consistirán, fundamentalmente, na instalación dun sistema de cerramento adaptado á realidade cinexética da zona, para o que se deberá adecuar o terreo, isto é, roza e limpeza do peche existente, así como da apertura de camiños se fose preciso.
Tamén haberá que retir o cerramento existente, se fose necesario e executar escavacións e gabias, así como pdrocederase á instalación de postes (formigonado e nivelación, e de malla e tensado da mesma.

Naquelas zonas onde o sistema de peche se atope deteriorado, repoñerase o mesmo coa tipoloxía do novo sistema.

0.09395694732666