Míriam Bermúdez, do BNG de Viveiro, asegura ir a por todas despois dun acto de presentación ateigado
“Alucinante o apoio recibido, ver tanta xente no acto augura uns resultados aplastantes” aseguraba Míriam Bermúdez tras finalizar o acto de presentación organizado polo BNG de Viveiro, quenes aseguran que sacarán adiante o proxecto para modernizar o concello sabendo que sairán elixidos o vindeiro 28M.
O acto contou coa presenza do deputado mariñán, Daniel Castro, quen amosou o compromiso do BNG por unha sanidade pública, pola necesidade dun plan industrial e de comunicar Viveiro co resto do País. Loitas que defendeu no Parlamento Galego, lugar onde o BNG é a segunda forza e subindo de cara a ter a presidencia da Xunta nas vindeiras eleccións galegas.
“Foron moitos os veciños asistentes, un claro indicador de que se fixeron ben as cousas e de que o noso proxecto encaixa, é o que necesita Viveiro", en palabras da candidata á alcaldía, Míriam Bermúdez, “no BNG hai constancia e un traballo realizado durante 4 anos.
Míriam Bermúdez presentou un proxecto firme no que ademais da constancia e traballo, destacou iniciativas e proxectos claros para Viveiro con propostas para as parroquias como: mellorar a rede de saneamento, achegar fibra de alta velocidade, dinamizar as antigas escolas, poñer en marcha un Plan de Estradas, sacar adiante un PXOM ben planificado e crear unha Liña de Transporte Público, entre outras.
Míriam tamén salientou a necesidade de humanizar o concello creando espazos para as persoas como peonalizar a Praza de Lugo, retirar o enreixado de Lodeiro a Celeiro habilitando aparcamentos e unha nova zona verde, redactar o 1º Plan de Accesibilidade para Viveiro, introducir os cascos nas zonas REXURBE, mellorar as instalacións infantís ou transformar o Casino nun centro de ocio para a mocidade.
CANDIDATURA:
- Míriam Bermúdez García
- Iria Cotelo Cociña
- Ramón Martínez Castro,
- Seve Salgueiro Rodríguez
- Santi López Chao, 51 anos
- Luís Ramallal Rego,
- Carmen Mariño Caneiro
- María Simón Cundíns
- Alejandro Ferro
- Borja Eijo García
- Claudia Rivera Vázquez
- Xan Fernández
- Tania Monteagudo Bermúdez
- Mitas Goás Basanta
- Iliana Fraga Sánchez
- Xulia Canoura Diaz
- Iván Pena Muras
- Gloria Rouco Llanderrozas
- María do Mar Chaves Álvarez