Milladoiro actuará na fábrica de Cerámica de Sargadelos

AMariñaXa
Esta fin de semana a fábrica de Cerámica de Sargadelos acollerá un concerto do grupo folk galego por excelencia, Milladoiro
milladoiro
24 Ago 2021

Esta fin de semana a fábrica de Cerámica de Sargadelos acollerá un concerto do grupo folk galego por excelencia, Milladoiro .

Así, os veciños e turistasterán a oportunidade de escoitar en vivo en Cervo a un dos principais grupos de música folk do panorama galego, no marco da programación do Xacabeo 21/22.

Será o sábado, 28 de agosto ás 21:00 horas con entrada de balde, aínda que haberá que reservar no correo entradas@concellodecervo.com ou no teléfono 982 59 51 57 (de luns a venres, en horario de 9:00 a 15:00 horas)

Máis información no teléfono 691 656 600 ou no 982 595 157 (de luns a venres en horario de 9:00 a 15:00 horas).

0.13968801498413