'Miles Gloriosus' chega a Viveiro
Este sábado 19 de outubro chega ao teatro Pastor Díaz de Viveiro a obra Miles Gloriosus, con membros no seu elenco que presentan cegueira ou deficiencia visual
Palestrión, membro infiltrado e Periplectómeno, líder da oposición, coa axuda de toda unha equipa, tentarán conseguir papeis confidenciais que axuden a condenar as actitudes de Pirgopolinices. A través dun buraco feito entre as paredes dos dous despachos, Filocomasia tentará que non a descubran mentres pasa dun lugar a outro coa información para conseguir o que buscan. Baseada na trama de enredo de Plauto, teatro Faíscas, pretende traer a escena unha realidade cómica moi presente nos nosos tempos.