Mil veciños comprometidos co futuro da provincia conforman as candidaturas do PSOE nos 67 Concellos

TerraChaXa | AMariñaXa
13 Maio 2019

Mil veciños comprometidos co futuro da provincia conforman as candidaturas do Partido Socialista nos 67 Concellos. Nunha campaña chea de optimismo, ilusión, ganas e forza os socialistas presentan propostas e iniciativas en cada un dos municipios da provincia e para os máis de 300.000 lucenses. Son 380 mulleres e 550 homes cun proxecto común de progreso e futuro polo Concello que queres e a Provincia que queres. Para seguir cara adiante.

Nun vídeo, os socialistas na provincia de Lugo recollen que “con ilusión e compromiso, o próximo 26 de maio será o día. Será o día do progreso, do diálogo, da transparencia, da participación, da ilusión e do compromiso. Porque xuntos queremos seguir medrando. Queremos seguir avanzando, da man dos nosos maiores, ao carón dos nosos traballadores, dos empresarios, do comercio, dos servizos… Porque xuntos ímolo conseguir. É a hora das nosas vilas. É o momento dos nosos Concellos e dos nosos pobos e das nosas aldeas... Porque estamos orgullosos da nosa provincia, de cada un dos Concellos, de ser lucenses... O 26 de maio, sigamos cara adiante”.

67 candidaturas

O PSOE representa e defende os intereses dos 300.000 veciños dos 67 Concellos nas candidaturas que presenta en cada un dos municipios da provincia. Hai 18 veciños que por primeira vez lideran o proxecto socialista en Becerreá, Begonte, Castro de Rei, O Corgo, Foz, Friol, Guitiriz, Guntín, Lugo, Monterroso, Outeiro de Rei, Pantón, Paradela, Rábade, Ribadeo, Riotorto, Sober, Taboada, Triacastela. Con máis compromiso, ganas e traballo se cabe, 48 veciños seguirán defendendo os intereses dos veciños de Abadín, Alfoz, Baralla, Antas de Ulla, Barreiros, Bóveda, Burela, Carballedo, Castroverde, Cervantes, Cervo, Chantada, Cospeito, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, O Incio, Láncara, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Ourol, Palas de Rei, O Páramo, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, A Pobra do Brollón, Pol, A Pontenova, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Samo, Sarria, O Saviñao, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Vilalba, Viveiro, Xermade e Xove.

0.19014501571655