Miguel Lago actuará no Teatro Pastor Díaz de Viveiro o 1 de decembro
AMariñaXa
27 Nov 2019
O monologuista Miguel Lago actuará no Teatro Pastor Díaz de Viveiro o 1 de decembro ás 19 horas.
Logo de varias tempadas de éxito con Son un miserable, o cómico galego sóbese ao escenario cun espectáculo completamente novo e inédito en televisión.
Tralas súas soadas e aplaudidas aparicións en O club da comedia , Lait motiv by Buenafuente ou La Resistencia con David Broncano e a súa presenza no programa Todo es Mentira , estrea un show que foi concibido como unha catarsis, unha explosión de sinceridade co seu particular e sarcástico xeito de ver o mundo.
Noite de risas en viveiro onde gozarán de moitos dos mellores monólogos de Miguel Lago.
As entradas xa están á venda en woutick.es ou no Café La Plata.