Mercado, xogos populares, ataque e funeral normando na XII Festa Normanda de Foz

Foz
AMariñaXa
Membros da Asociación Desembarco Normando deron a coñecer o cartel da XII Festa Normanda de Foz, deseñado por Gerardo Gumiel
festa-normanda-foz
15 Ago 2024

Membros da Asociación Desembarco Normando deron a coñecer o cartel da XII Festa Normanda de Foz, deseñado por Gerardo Gumiel, e as diferentes actividades que se desenvolverán durante toda a fin de semana.  A cita de recuperación da memoria histórica celebrarase entre o 29 de agosto e o 1 de setembro e conta coa colaboración do Concello e da Deputación de Lugo.

O programa comeza o xoves 29 de agosto ás 19.00 horas coa apertura do mercado. Posteriormente, haberá pasacalles a cargo de Ritmo Trouleiro. O programa continúa o venres 30 coa inauguración do mercado ás 12.00 e pasacalles a partir das 20.00 O pregón comezará será ás 21.00 a cargo de Roberto Gómez Lende. A continuación, terá lugar unha representación teatral da Lenda de San Gonzalo e o nomeamento do Focego Maior. A partir das 22.00 horas haberá pasacalles polo mercado. O sábado o mercado abrirá o mercado ás 11.00.

A partir das 13.00 horas terá lugar a formación das tropas normandas e combates no campamento. Lupsala actuará ás 13.30 na praia de Tupide. Os asistentes poderán desfrutar da gran representación do ataque normando á vila a partir das 14.00 horas. Pola tarde haberá unha ludoteca infantil de balde na Casa do Mar ata as 20.30 horas e tamén organizan xogos populares na explanada con carreiras de sacos, de pipos e lanzamento de alpaca.

De novo programan pasacalles polo mercado e música e animación a partir das 22.00 horas na explanada do porto con Babada Joe. Xa ás 23.30 horas terá lugar a preparación do campamento e ritual de celebración do funeral normando, seguido de procesión do campamento á praia de Tupide e do concerto de Upsala. Rematan a xornada ás 00.00 horas con funeral normando e espectáculo con lume e pirotecnia na praia. O domingo terá lugar a última xornada de mercado e o desembarco infantil no campamento pola tarde.

0.19387602806091