Mercado, vodas celtas e ruta cabalar na nova edición do Festival Histórico Augas Santas, en Barreiros
AMariñaXa
Irmandade Augas Santas Santo Estevo prepara a nova convocatoria da cita que inclúe unha escenificación do Rei Silo e actuacións musicais
Cartel do evento
28 Maio 2024
Santo Estevo do Ermo, en Barreiros, organiza a décimo primeira edición do Festival Histórico Augas Santas o vindeiro 22 de xuño. Na cita haberá unha ruta a cabalo mercado de artesanía, escenificación do Rei Silo e misa na honra a Santo Estevo a partir das 13.00 horas.
A música tampouco faltará na xornada, xa que actuará O Arco da Vella. Os asistentes tamén poderán gozar de vodas celtas e queimada con conxuro e dunha cea a base de sardiñas asadas. A cita esta organizada pola Irmandade Augas Santas Santo Estevo coa colaboración do Concello de Barreiros e a Deputación.