Mercado tradicional, obradoiros e música na Festa das Flores de Xove
O concello de Xove celebra a primavera coa Festa das Flores ou Fillas de María. A cita será o vindeiro 18 e maio e haberá mercado tradicional, pasacalles, obradoiros, contacontos, inchables, música e moitas flores. O mercado comezará a partir das 10.30.
Xa ás 11.30 horas os asistentes poderán gozar da música da man da asociación Saíñas e a charanga NBA e tamén de desmotracións tradicionais. Logo haberá misa e sesión vermú co grupo Rubí. Ademais dun obradoiro infantil de flores que terá lugar tanto pola mañá como pola tarde, a partir das 17.00 horas haberá inchables.
Das 17.00 ás 18.30 horas terá lugar un obradoiro de cerámica e a partir das 18.00 chega Caxoto co seu espectáculo A Taberna dos contos. A verbena estará amenizada polo grupo Rubí e a discomóvil Conxuro. Trátase dunha actividade organiza polo Concello e a Asociación de Festeos Montevelle.