Mercado, música tradicional e proba de andadura: arranca a Feira do Trece de Alfoz

AMariñaXa
A Asociación de Veciños de San Sebastián de Carballido, de Alfoz, celebra a cita no Lugar do Trece
feira_do_trece_alfoz
13 Xuño 2024

A Asociación de Veciños de San Sebastián de Carballido Alfoz celebra de novo a Feira do Trece este sábado no Lugar do Trece. Como gran novidade, nesta edición contarán cunha proba puntuable do Campionato Galego de Andadura da Federación Hípica Galega. O programa comezará ás 10.00 horas coa apertura da feira de gando e mercado con postos de artesanía e produtos da zona.

A partir das 12.30 horas os asistentes poderán gozar de pasacalles que amenizarán a xornada con música tradicional. A proba de andadura puntuable para o campionato galego terá lugar de 11.00 a 13.30 e pola tarde, a partir das 16.00 horas. Xa ás 13.30 horas comezará a sesión vermú co Dúo Belinda e Conxuro Discomóvil, que tamén amenizarán a verbena.

Durante a sesión vermú farase entrega dos premios da feira e o sorteo de agasallos e logo será o xantar con menú típico. Trátase dunha cita máis que consolidada na zona, na que anteriores anos os asistentes puideron adquirir produtos da zona ademais de obxectos de artesanía, gozar coa sesión vermú e xantar un menú típico.

ACTIVIDADES DESTACADAS

Este ano, a feira de gando estará condicionada polas restriccións pola lingua azul, polo que non se contará con gando vacún, ovino e caprino. En cambio, está a subir o número de gandeiros que reservan curro para gando cabalar. Serán premiados os 4 gandeiros que máis número de cabezas aporten á feira, ademáis dos 2 mellores cabalos ou bestas de montura e tamén de tiro.

Por outra parte, contarase con aproximadamente medio cento de postos de mercado donde poderemos atopar de todo tipo de productos, incluido o produto estrela desta feira antiguamente, as cereixas.

Tamén haberá unha proba de Andadura puntuable para o Campionato galego da Federación Hípica galega, na que participarán máis dun cento dos mellores cabalos de andadura, que terá lugar pola mañá entre as 11 e as 13.30 horas e pola tarde a partir das 16.00 horas.

Ademais, actuará a Asociación Folclórica Arco da Vella, co dúo Belinda para amenizar a sesión vermú e a verbena e coa discoteca móvil Conxuro, que ademáis fará o fin de festa ata ben entrada a madrugada.

Por último, con respecto á comida, poderase xantar ou cear na carpa o menú típico, composto de callos ou empanada, churrasco, chourizo, pan, viño ou auga e café. Haberá tickets á venta na propia feira no posto da asociación, non é necesario reserva previa. E haberá tres amplios aparcadoiros, un amplísimo pensado para o público en xeral na ubicación habitual, un aparcadoiro para os participantes da proba de andadura ubicado nas proximidades da saída da carreira, e un aparcadoiro para gandeiros, a carón da feira de gando.

 

0.17340183258057