Mercado, música tradicional e proba de andadura: a Feira do Trece de Alfoz presenta o seu cartel

AMariñaXa
A Asociación de Veciños de San Sebastián de Carballido, de Alfoz, celebrará o sábado 17 de xuño no Lugar do Trece esta tradicional feira
feira do trece 2024 alfoz
29 Abr 2024

Faltan dous meses para que Alfoz celebra de novo a Feira do Trece, pero a Asociación de Veciños de San Sebastián de Carballido presenta o programa completo da cita, que se celebrará o vindeiro sábado 15 de xuño no Lugar do Trece.

Como gran novidade, nesta edición contarán cunha proba puntuable do Campionato Galego de Andadura da Federación Hípica Galega. O programa comezará ás 10.00 horas coa apertura da feira de gando e mercado con postos de artesanía e produtos da zona. A partir das 12.30 horas os asistentes poderán gozar de pasacalles que amenizarán a xornada con música tradicional. A proba de andadura puntuable para o campionato galego terá lugar de 11.00 a 13.30 e pola tarde, a partir das 16.00 horas.

Xa ás 13.30 horas comezará a sesión vermú co Dúo Belinda e Conxuro Discomóvil, que tamén amenizarán a verbena. Durante a sesión vermú farase entrega dos premios da feira e o sorteo de agasallos e logo será o xantar con menú típico.

Trátase dunha cita máis que consolidada na zona, na que anteriores anos os asistentes puideron adquirir produtos da zona ademais de obxectos de artesanía, gozar coa sesión vermú e xantar un menú típico.

0.16294097900391