Melloran tres camiños do barrio de Mañente, na parroquia focega de Vilaronte

Foz
AMariñaXa
As obras, orzamentadas en algo máis de 50.000 euros, están financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural
obras-mañente-foz
17 Out 2024

O Concello de Foz está a executar obras de mellora en tres camiños do barrio de Mañente, na parroquia de Vilaronte. As obras, orzamentadas en algo máis de 50.000 euros, están financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 62 por cento, o Concello de Foz nun 17,4 %, a Xunta de Galicia nun 14,5 % e o Ministerio de Agricultura nun 6,2 por cento.

O alcalde, Fran Cajoto, explica que “as obras consisten na limpeza de cunetas e foxos e na mellora do firme cun dobre tratamento superficial derega asfáltica, complementado con pedra macadam naqueles puntos que fose necesario. Estamos mellorando o acceso á praia de Fondás, así como dous viais que conectan a estrada N642 co núcleo de Mañente e que
estaban en moi mal estado de conservación, no entorno dos invernadoiros. Seguimos investindo na adecuación da rede viaria do noso concello”.

0.10449481010437