Melloran o peche perimetral e da casa do conserxe do CEIP Gregorio Sanz

AMariñaXa
Román Rodríguez reuniuse tamén coas direccións do CPR Sagrado Corazón de Jesús, do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo e do CIFP Porta da Auga
visita-conselleiro-Educación-ribadeo
28 Xuño 2024

Ribadeo recibiu a visita do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, que asinou no libro de honra do Concello, anunciou as obras do peche perimetral que o seu departamento acometerá no CEIP Gregorio Sanz, e mantivo un encontro cos directores dos centros educativos ribadenses.  O alcalde, Dani Vega, agradeceu a visita de Román Rodríguez a Ribadeo e dixo que “encargar o proxecto será o segundo paso. E non vos preocupedes que eu vou facer un seguimento total e absoluto diso. E en breve teremos un peche perimetral do colexio, xa que está correndo un risco moi importante o alumnado”.

O rexedor comentou que “a Xunta fixo que tiña que facer: actuar cunha inversión que supera un millón de euros no colexio, fixemos iso, temos un colexio moderno por dentro, polo sistema educativo, pero tamén por fora polo contido. Vamos agora mellorar a casa do conserxe e o peche perimetral”. Van a ver se o fan en consonancia con outros peches. “Temos que traballar tamén a estética e ter un pobo de nivel 10 de deseño”. No libro de honra do Concello Román Rodríguez escribiu: “Ribadeo é unha vila nobre e xenerosa, chea de boa xente xenerosa e orgullosa. Parabéns ao alcalde e aos veciños por representar o mellor da nosa Galicia nesta porta noroeste. Deséxollo ao pobo de Ribadeo que o espírito emprendedor do Marqués de Sargadelos lle dea empuxe para un futuro próspero”.

A directora do centro, Lourdes Marqués, quixo “expresar o meu agradecemento desde a comunidade educativa do Gregorio Sanz tanto á Consellería de Educación como ao Concello de Ribadeo polas inversións realizadas no centro, tanto na primeira fase que supuxo a reforma integral das instalación como no avance do proxecto da obra do peche perimetral e casa do conserxe, anunciada no día de hoxe polo alcalde e polo conselleiro”.

A directora lembrou que “o centro veu demandando a realización destas obras en cursos anteriores, polo que agradece que a nosa petición fose escoitada e atendida”. A directora do CEIP Gregorio Sanz lembrou que “o centro veu demandando a realización destas obras en cursos anteriores, polo que agradece que a nosa petición fose escoitada e atendida”. O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, reuniuse tamén coas direccións do CPR Sagrado Corazón de Jesús, do Instituto IES de Ribadeo Dionisio Gamallo e do Centro Integrado de FP Porta da Auga. No transcurso do encontro,  analizáronse as necesidades desta localidade lucense en materia de ensino.

O titular do departamento educativo da Xunta que se está a valorar a adaptación dunha casa do consorcio municipal como lugar de encontro da anpa. “Desde 2009 levamos investidos case 3,8 millóns de euros na mellora dos centros educativos de Ribadeo, coa reformas tanto do colexio como do instituto”, destacou Román Rodríguez. Así mesmo, o conselleiro salientou que se vén de instalar un ascensor e está previsto arranxar a casa do conserxe no Centro Integrado de FP Porta da Auga, cuxa oferta formativa se verá incrementada o vindeiro curso cun novo ciclo de FP Dual Intensiva, o de grao superior en Automoción, con 22 prazas. Asistiron a este encontro co conselleiro as directoras e directores dos centros de ensino de Ribadeo, así como representantes da Anpa, e as concelleiras e concelleiros de Mocidade, Turismo, Atención Cidadá e Educación.

0.12295508384705