Melloran as vías de Riquián e a Estrada da Abrela, na parroquia viveirense de Covas

AMariñaXa
O lugar de Escourido, na parroquia viveirense de Covas, verá mellorados os camiños de Riquián e a Estrada da Abrela cun investimento de 85.757,35 euros
vías_covas_viveiro
11 Xul 2024

O lugar de Escourido, na parroquia viveirense de Covas, verá mellorados os camiños de Riquián e a Estrada da Abrela cun investimento de 85.757,35 euros. A tenente de alcaldesa Miriam Bermúdez explica que “co desenvolvemento deste plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas, o Concello poderá acometer a mellora do firme dunha vía municipal que dá acceso a numerosas parcelas da parroquia, facéndoos máis utilizables”.

Viveiro posúe una ampla extensión de terreo destinada ao mundo rural, “e, de feito, a maior parte das súas parroquias atópanse dentro deste ámbito, con numerosos asentamentos de poboación, polo que a mellora das súas infraestruturas é unha das nosas prioridades”, sinala Bermúdez.

Ademais, destaca que a reparación “permitirá ter unha vía alternativa á estreita estrada da Abrela, quedando pendente un estudo posterior para reorganizar os sentidos dos viais e así evitar encontros de vehículos en zonas tan estreitas, nas que se teñen dado incidentes no pasado”. Con actuacións como estas “queremos poñer en valor o rural de Viveiro e a xente que vive nel, renovando e ampliando os servizos dos que dispoñen”.

Neste caso tamén se fará unha canalización importante de un regatos que anegaban unha zona da vía. Parte dos fondos investidos provén da subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) a través do Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025.

0.20988392829895