Melloran a seguridade viaria en Trabada coa instalación dun espello nun cruce de risco

AMariñaXa
A medida foi adoptada tras as queixas dos usuarios da vía e a intervención do PP local, que tamén valora solicitar bandas redutoras de velocidade se fose necesario
PP-Trabada-espello-estrada
20 Feb 2025

Os efectivos de mantemento das estradas da Administración autonómica instalaron un espello nun punto de baixa visibilidade en Trabada, tras as xestións realizadas polo PP local en resposta ás peticións dos usuarios da vía.

A medida foi adoptada para mellorar a seguridade nun cruce situado despois dunha curva, onde a visibilidade resultaba insuficiente para realizar xiros con seguridade. Desde o PP de Trabada explicaron que, tras recibir varias queixas sobre a perigosidade do tramo, contactaron cos responsables de mantemento da Xunta para exporlles o problema.

“Cremos que a instalación do espello axudará a reducir o perigo, pero se non fose suficiente, solicitaremos a colocación de bandas redutoras de velocidade”, sinalaron desde o partido, subliñando o seu compromiso por atender as demandas veciñais e mellorar a seguridade viaria no municipio.

Ademais, quixeron agradecer a rápida resposta dos efectivos de mantemento da Xunta de Galicia, destacando a súa eficacia e axilidade na xestión das estradas da comunidade.

0.17315602302551