Melloran a rede viaria en Espiñeirido, en Cervo

AMariñaXa
En concreto, actuouse nun tramo de 680 metros lineais cuxa superficie total ascende a 2.380,00m²
mellora-camiños-Espiñeirido
15 Out 2024

O Concello de Cervo acomete traballos de mellora de distintas arterias de comunicación do lugar de Espiñeirido. En concreto, actuouse nun tramo de 680 metros lineais cuxa superficie total ascende a 2.380,00m². A alcaldesa, Dolores García Caramés, e a concelleira de Obras, Mali Méndez, achegáronse ata a zona para ver in situ a actuación que supón unha mellora da rede viaria deste burgo e que está cofinanciada pola Xunta de Galicia, con fondos AGADER dentro do Plan Marco de Melloras de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas. A actuación supuxo un investimento de preto de 30.000 euros -29.441,53 euros concretamente-.

Caramés explicou que a obra foi concibida co obxectivo de mellorar o firme destes camiños coa incorporación dunha nova capa de saburra compactada, máis axeitada ás características do tráfico rodado que soportan estas pistas e tamén está prevista a mellora da seguridade viaria coa instalación de elementos de sinalización vertical. A alcaldesa fixo fincapé na importancia deste tipo de actuacións “que contribúen a poñer en valor o noso rural, facéndoo máis seguro e accesible”; un aspecto sobre o que incidimos en cada obra que abarcamos.

0.21742105484009