Melloran a iluminación na pista polideportiva de Marzán, en Foz

Foz
AMariñaXa
Aproban tamén obras viarias nas parroquias de Cordido, Cangas, Nois, Fazouro, Vilaronte e Santa Cilla
Pazo-San-Marcos-Lugo
26 Xul 2024

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou a solicitude do Concello de Foz para investir remanentes do Plan Único 2023 en novas actuacións. Por unha banda, destinará 17.312 euros para realizar obras viarias nas parroquias de Cordido, Cangas, Nois, Fazouro, Vilaronte e Santa Cilla e, tamén, empregará outros 6.417,53 euros para a mellora de accesos na rúa Martínez Otero e na Rúa Miguel de Cervantes. Por último, destinará 3.327,23 euros para mellorar a iluminación na pista polideportiva de Marzán.

0.15772390365601