Mellorada a accesibilidade na travesía da Igrexa de Burela cunha rampla

AMariñaXa
O Concello de Burela mellora a accesibilidade na travesía da Igrexa cunha rampla e renova firmes e rede de saneamento
Burela travesia da igrexa
10 Ago 2022

Instalouse unha nova rede de saneamento e abastecemento de auga, colocando tamén novas farolas para mellorar a eficiencia enerxética.

A travesía da Igrexa xa está a punto despois das obras realizadas na zona para mellorar a accesibilidade, renovar o firme con asfaltado e instalar unha nova rede de abastecemento de auga e saneamento.

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o tenente de alcalde e edil de Obras e Servizos, Ramiro Fernández, revisaron os acabados da obra no lugar, unha actuación na que se investiron 33.811,77 euros de fondos municipais.

Substituíuse completamente o firme de asfalto nunha parte da travesía da Igrexa, habilitando unha rampla de comunicación coa travesía do Río que se atopa uns 53 centímetros máis baixa, para a cal tamén foi necesario reformar a beirarrúa no seu tramo final e instalar unhas novas redes de servizos urbanos.

Ademais, renovouse o alumeado con tres novas farolas a unha cota inferior ás fiestras da planta primeira. Tamén se realizou unha nova instalación de subministro de auga, saneamento e augas pluviais, cunha nova rede separativa.

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, revisou todos os traballos acompañado do tenente de alcalde, Ramiro Fernández, cos que “avanzamos na mellora dos servizos públicos urbanos en distintas zonas”, sinalando que “era necesario conectar estas dúas travesías de xeito accesible para que ninguén teña problemas para transitar por elas, un obxectivo que perseguimos e imos acadando pouco a pouco, renovando tamén as instalacións e os asfaltados”, afirmou. 

Burela travesia da igrexa 1
0.19375395774841