Meira acolle un acto en común con Riotorto para celebrar o Día das Letras Galegas
Meira celebrará este mércores 17, Día das Letras Galegas dedicadas a Francisco Fernández del Riego (veciño de Lourenzá) cun acto musical e poético.
Así, farase un tributo ao protagonista deste ano e a continuación unha lectura de poemas e reivindicación dun Día das Letras Galegas para Avelino Díaz.
A continuación terá lugar unha Sesión Vermú amenizada pola Prebanda e o Grupo de Saxos da Escola de Música de Meira. Este acto terá lugar no Paseo Central salvo que o tempo non acompañe, nese caso trasladarase ao Cabanón do Convento.
Este mércores pecha tamén o prazo para participar no VI Certame de Debuxo e Poesía Avelino Díaz, ata o mércores 17 de maio de 2023.
Os actos están organizados pola asociación cultural Avelino Díaz en colaboración cos concellos de Meira e Riotorto.
Ese mesmo día 17 de maio, ás 14:30 horas terá lugar a anual comida da Confraría Nosa Señora do Pedregal no pavillón municipal de Meira. Será ás 14.30 horas pero, ás 12.00 celebrarán unha asemblea xeral na igrexa, que rematará cunha misa.