Meira acolle un acto en común con Riotorto para celebrar o Día das Letras Galegas

TerraChaXa | AMariñaXa
Meira celebrará este mércores 17, Día das Letras Galegas dedicadas a Francisco Fernández del Riego cun acto musical e poético.
14 Maio 2024

Meira celebrará este mércores 17, Día das Letras Galegas dedicadas a Luísa Villalta cun acto musical e poético.

Así, farase un tributo á protagonista deste ano e a continuación unha lectura de poemas e reivindicación dun Día das Letras Galegas para Avelino Díaz.

Terá lugar no Pavillón Polideportivo de Meira, ás 13.30 horas, e nel participará unha representación importante da veciñanza recitando poemas do autor local e de Luísa Villalta. Haberá, tamén, música.

Ademais, este mércores, día 15, ás 11.15 horas, o CEIP Poeta Avelino Díaz inaugura a nova sinalización das súas aulas, con estrofas de poemas de Avelino. En cada corredor componse un poema a partir das estrofas que identifican cada aula. Por outra parte, a aula de Música e a Biblioteca do centro aparecen identificadas con estrofas alusivas, respectivamente, á súa función específica. En concreto, trátase dos poemas Meira, Miño, A festa de Meira, A nosa fala, Canzón pr-ó sono d-un neno e Eiquí tedes.

Este venres pecha tamén o prazo para participar no VII Certame de Debuxo e Poesía Avelino Díaz.

Os actos están organizados pola asociación cultural Avelino Díaz en colaboración cos concellos de Meira e Riotorto.

0.1879301071167