Medio século despois, os quintos de Alfoz voltan compartir mesa e vivencias

Os dous quintos cursos do ano 1956 de Alfoz xuntáronse nun emotivo reencontro que reuniu a antigos compañeiros e compañeiras das escolas unitarias que funcionaban no municipio naquela época. En total participaron 19 persoas, aínda que varias non puideron asistir finalmente a esta cita tan especial.
O grupo, que hoxe rolda os 69 anos, rememorou vivencias da infancia, anécdotas das aulas e historias compartidas durante aqueles anos de formación que marcaron a súa mocidade. A xuntanza desenvolveuse nun ambiente de gran complicidade e nostalxia, no que non faltaron lembranzas comúns e moitas ganas de actualizar a vida de cada quen.
O reencontro celebrouse no restaurante O Frenazo, en Alfoz, onde gozaron dun xantar no que primou a emoción por volver verse despois de tantos anos e pola continuidade dun espírito de amizade que, malia o paso do tempo, segue intacto para este grupo de veciños e veciñas.