Mayra García di que con Besteiro “repartiremos o canon da auga recadado con criterios xustos para que chegue a todos os concellos”

AMariñaXa
A candidata socialista ás eleccións autonómicas pola provincia de Lugo Mayra García Bermúdez anunciou que cando José Ramón Gómez Besteiro sexa presidente da Xunta de Galicia “repartiremos o canon da auga recadado con criterios xustos para que chegue a todos os concellos”.
Mayra Garcia visita a Barreiros
7 Feb 2024

A candidata socialista ás eleccións autonómicas pola provincia de Lugo Mayra García Bermúdez anunciou que cando José Ramón Gómez Besteiro sexa presidente da Xunta de Galicia “repartiremos o canon da auga recadado con criterios xustos para que chegue a todos os concellos”.

A número 3 da lista do PSdeG pola provincia fixo estas declaracións á beira do río Masma ao seu paso por Celeiro de Mariñaos, en Barreiros. Acompañada pola segunda tenente de alcaldesa de Barreiros, a socialista Carmen Veiga, e membros da agrupación, a candidata puido comprobar o mal estado de conservación e de limpeza no que se atopa o caudal.

“A Xunta de Galicia do PP o único que fai é exercer de recadador dos concellos que pagan o canon da auga, pero estes non ven reinvestimento deses pagos, tal e como estamos a ver hoxe aquí co abandono dos ríos de Galicia”. Estes cartos, subliñou, “non chegan, nin en obras de melloras para o abastecemento de auga potable aos veciños e veciñas, nin tampouco no que se refire ao mantemento dos ríos”. Denunciou a candidata “o trato discriminatorio do PP de Rueda, que só se limita a investir e asinar convenios en concellos gobernados pola súa cor política, discriminando o resto de veciños gobernados por dirixentes doutras siglas, e todo pese a que o diñeiro é de todos os galegos e galegas”. Porque son eles, recalcou, “os que ingresan o canon á Xunta, que despois por intereses partidistas non chega por igual a cada concello para mellorar un servizo básico e fundamental como é o de abastecemento de auga potable”.

0.11287403106689