Mayra García Bermúdez chamou en Lourenzá a mobilización do voto ao PSOE

AMariñaXa
A candidata socialista pola provincia ás eleccións autonómicas participou nun mitin en Lourenzá, xunto á alcaldesa, Rocío López, e o senador César Mogo.
2024 PSOE MITIN LOURENZA
12 Feb 2024

A candidata socialista pola provincia ás eleccións autonómicas participou nun mitin en Lourenzá, xunto á alcaldesa, Rocío López, e o senador César Mogo. Nun salón de actos cheo, García Bermúdez chamou na recta final da campaña á mobilización do voto ao PSdeG, “a papeleta do cambio”. “Somos o partido que pode xestionar mellor, que ten unha liña directa co Goberno de España. O único partido útil”. De feito, recalcou, “conseguiu máis Besteiro para Galicia nuns meses que o PP en quince anos”.

“En Lourenzá tampouco daban as enquisas no ano 2015, pero gañou Rocío López, gañou o PSOE, e agora con Besteiro vamos gañar Galicia, porque a única enquisa que conta é a que sae das urnas”, asegurou Mayra García, quen subliñou que os “os socialistas vamos dar a sorpresa, igual que a demos nas municipais do ano 2015 e nas xerais do 23-X”.

A socialista incidiu na aposta de Besteiro polos servizos públicos, como a sanidade, a educación, a vivenda ou o transporte, “que puxemos en pé os socialistas, polo que somos os que podemos e sabemos como recuperalos dos recortes e da precarización aos que os someteu o PP con Rueda e Feijóo”.

0.24479603767395